Noticias

09/09/2010. Expertos en Coaching analizan na Coruña a importancia da correcta xestión do tempo e as claves para a creación dun equipo campión
 

As Xornadas Internacionais de Coaching (XIC10) que se celebrarán en Santiago os días 30 e 1 de outubro en Santiago de Compostela foron presentadas esta mañá en A Coruña nun almorzo de traballo organizado por AJE A Coruña, con Q Coach como partner e a colaboración de Identia. Este acto baixo o título “Tes un equipo campión?” correu a cargo os recoñecidos expertos en coaching a nivel nacional  Daniel Álvarez (Qcoach) e Nelly Rei (Identia).

O obxectivo primordial da xornada era expor claves que poidan ser útiles para comezar o “curso empresarial” tendo en conta dous aspectos fundamentais para mellorar a calidade competitiva das empresas: a xestión do tempo e do equipo.

08/09/2010. Almorzo de traballo ?Tes un equipo campión??

O vindeiro xoves día 9 de setembro ás 9.00 horas no Hotel Attica 21, AJE A Coruña presentará as Xornadas de Coaching – XIC10 na Coruña.

Da man de Daniel Álvarez Lamas e Nelly Rei, prestixiosos coaches do panorama nacional, a asociación exporá as claves para axudar a centrar o novo curso empresarial a partir das experiencias con equipos e directivos.

02/09/2010. Miguel Angel Lotina, Entrenador do Real Club Deportivo de La Coruña participará no programa do XIC10

Miguel Angel Lotina, Entrenador do Real Club Deportivo de La Coruña e Ignacio Iglesias, árbitro galego de 1ª División confirman a sua participación nas Xornadas Internacionales de Coaching.

05/08/2010. Es coach?

Desde o xic10 queremos axudarche no teu desenvolvemento como coach e que poidas vivir este evento aínda máis intensamente.

Se cursaches algunha formación como coach e reservas a túa praza no xic antes do 15 de setembro, participarás na selección de coaches para os talleres do xic.

A función destes coaches nos talleres é a de axudantes, supervisando e sendo coach dun grupo de asistentes para a realización dos exercicios, seguindo as pautas do coach que desenvolve o taller.

Se estás entre os seleccionados, o xic10 proporcionarache un certificado de participación no congreso por este labor, que poderás incluír no teu currículo.

Para anotarche, envía o teu cv tras reservar a túa praza a xic10@ajemarineda.com

 

02/08/2010. Aberto prazo de inscripción

O pasado día 2 de agosto abriuse o prazo de inscripción nas Xornadas Internacionales de Coaching.

 

02/08/2010. Queremoste como Lider

Dende o Xic10 cremos que ti tamén podes ser un bo Coach , por iso, dende o Facebook lanzamos unha campaña especial para as Xornadas Internacionais de Coaching en redes sociais,  onde incentivar e cultivar as habilidades como líder en todos os ámbitos e tamén a través de Web 2.0 .

A túa capacidade de comunicación e a túa estratexia para organizar e xestionar equipos serán esenciais para ser un bo líder e terás que polas en práctica. Este será un primeiro obxectivo cumprido,  o resto poderalo pescudar dentro do excelente e prestixioso programa que che espera no Xic10, onde se reunirán os principais Coach a nivel nacional e internacional.

Por iso, desde AJE A Coruña, aquel perfil de Facebook que consiga reunir 10 inscripcións ao Xic10, será obsequiado cunha invitación para asistir ás Xornadas Internacionais e ao seus dez amigos inscritos aplicaráselles un desconto especial do 25% sobre a tarifa oficial.

Así mesmo, o líder que consiga facer o maior grupo de inscripcións, terá unha mención especial dentro das Xornadas Internacionais de Coaching 2010.

Interesados poden porse en contacto en AJE A Coruña 981 915 635 ou xic10@ajemarineda.com

 

21/06/2010. Conferencia – Presentación do Xic10

Baixo o título “Eres un buen/a Jefe/a”  tivo lugar a presentación das II Xornadas Internacionales de Coaching. Dita conferencia ofrecida por Joaquín Dosil, socio – fundador de QCoach, Partner do evento congregou a máis dunha treintena de asistentes na sede de ITE Caixa Galicia en Santiago de Compostela.

Apúntate a XIC 2010

Puedes apuntarte desde ya mismo a XIC 2010 y participar en los workshops y conferencias.