Inicio
Tras o éxito cultivado na primeira edición, con preto de 200 asistentes, AJE A Coruña organiza as II Xornadas Internacionais de Coaching que se celebrarán o próximo 30 de setembro e 1 de outubro en Santiago de Compostela, sendo QCoach, partner das mesmas.
O Coaching converteuse nunha ferramenta imprescindible para os directivos; trátase dunha metodoloxía que contribúe a mellorar as habilidades e as capacidades do empresario, a xestionar mellor o tempo, humanizar as relacións laborais, avanzar na negociación, a comunicación, o liderado e o desenvolvemento persoal, entre moitos factores.
XIC10 contará coa participación de prestixiosos expertos na materia como o estadounidense Robert Dilts, un dos iniciadores e máis prestixiosos mestres actuais de Programación Neurolingüística, e profesionais e empresarios que diariamente aplican técnicas Coach. Juan Carlos Cubeiro, Alexandra Lemos, Joaquín Dosil, Almudena Eizaguirre e Vicens Olivé serán algúns dos profesionais que tamén intervirán nas Xornadas.
As II Xornadas Internacionais de Coaching serán tamén un importante foro empresarial e unha gran oportunidade para que os asistentes amplíen a súa rede de contactos e fomenten as súas relacións comerciais.
A Comida Networking Temática que está incluída dentro do propio programa das Xornadas será un momento ideal para o networking.
Éxito do XIC 09
A I Xornada Internacional de Coaching, XIC 09, celebrada o pasado 25 de xuño de 2009 en Santiago de Compostela, cultivou un enorme éxito de participación, con preto de 200 asistentes que desempeñaron un papel moi activo ao longo do día.
Esta Xornada estivo definida polo seu carácter internacional grazas á presenza de relatoras como o irlandés Joseph O´Connor ou a portuguesa Alexandra Lemos. A representación nacional viño da man dos coach Joaquín Dosil e Daniel Álvarez, socios da entidade Qcoach e membros do Comité Técnico de XIC09, do director xeral de Galopín Parques, José Manuel Igrexas, do director xeral de Gaia Xestión Deportiva, Marcos Fernández, e de Jorge Mira, director do departamento de Física Aplicada da USC.

![_baj8115-como-objeto-inteligente-1[1]](http://xornadascoaching.com/wp-content/uploads/2010/06/baj8115-como-objeto-inteligente-111-300x199.jpg)







